AS
CASAS
DE
ROSALÍA

Rosalía de Castro viviu toda a súa vida nunha constante mudanza. Dende pequena coa súa nai, habitando varias das casas familiares, ata despois de casada con Manuel Murguía, onde seguiu os destinos laborais do seu home.

Esta falta da fogar, de lugar onde pousar os pés, é motor de moitos dos seus poemas. Este non pertencer a nada nin a ningures, forxou tamén a personalidade da escritora.

Esta é unha viaxe en orde cronolóxica polos lugares, os espazos e as fiestras polas que ela mesma mirou, conscientes de que a paisaxe é outra das pezas claves da súa obra.

"Si yo fuese hombre, saldría en este momento y me dirigiría a un monte, pues el día está soberbio; tengo, sin embargo, que resignarme a permanecer encerrada en mi gran salón..."

Carta de Rosalía a Murguía

"Abride esa fiestra, que quero ver o mar"

Rosalía no seu leito de morte

Os restos mortais de Rosalía de Castro
están no Panteón dos Galegos Ilustres,
en Santiago de Compostela.

UN PROXECTO DE

APOIA